En E-distrito escollemos os mellores comercios...



   Queremos ofrecer a máis ampla e completa información en todos os aspectos.

   No campo da actividade comercial facemos unha escolla de todos os comercios, de cada zona, que ofrecen puntos de interese de cara ao cidadán e que se caracterizan pola súa competitividade, trato, profesionalidade, innovación ou estética. 

   En E-distrito atópanse tres tipos de establecementos:

- Museos. Como lugares de especial interese turístico e cultural, os museos ou centros culturais figuran en maiúsculas e ocupan as primeiras prazas dos listados.

- Comercio seleccionado. O comercio seleccionado é aquel que foi escollido polas características descritas como de especial interese. E-distrito contacta con cada establecemento ou valora cada solicitude a instancia de parte. O comercio seleccionado ocupa as posicións superiores dos listados. 
  Nota: Todos os comercios da web son considerados "comercio seleccionado" agás os correspondentes á zona "Distrito Mallos".


- Comercio Asociado. En E-distrito colaboramos coas asociacións de comercio e por iso, todos aqueles comercios que pertenzan a unha asociación representativa da cidade, poden optar a aparecer na plataforma nas condicións estipuladas colectivamente para dita colaboración. As asociacións que desexen incorporarse a e-distrito.com deberán propoñelo a través das formas de contacto estipuladas na web.
  Nota: O Comercio Asociado corresponde á zona Distrito Mallos. Nela aparecen todos os afiliados á dita asociación. Aínda que non se trata de "comercio seleccionado", o "comercio asociado" colabora activamente na vida comercial dos barrios e constitúe un aval social para a cidade.




    A plataforma E-distrito engade unha páxina de comentarios individual no que os usuarios poden opinar sobre os servizos de cada establecemento na súa propia ficha. Prégase que tales comentarios expoñan o seu parecer co máximo respeto. En caso de contidos ofensivos poderían non ser publicados.

    Para garantir a máxima calidade por parte dos comercios publicados, E-distrito resérvase o dereito de non renovación ou de rescisión unilateral da presencia na plataforma do comercio do cal se reciban queixas xustificadas, implicando a finalización da relación ou a devolución pecuniaria non consumida según a circunstancia.

   O fin esencial é destacar a calidade do comercio e a confianza do consumidor.

http://www.e-distrito.com/
 
 [ Nota: Somos conscientes de que ás veces comercios pequenos e singulares aportan características moi positivas para o comprador, e outras, establecementos moi coñecidos ou destacados amosan escaso interese real; ás veces, pequenos profesionais autónomos ofrecen maior calidade que grandes empresas de servizos. En todo caso, e a través de colaboracións independentes, tentamos discernir ao máximo e ofrecer a mellor selección.] 

No comments:

Post a comment