Ligazóns.


  

   Turismo e información (A Coruña): http://www.e-distrito.com/

   A Coruña. Historia, estatística, cultura, lecer, transportes, datos de interese, mapas... : http://www.e-distrito.com/turismo/3/a-coruna-informacion
   Galería de fotos: http://www.e-distrito.com/turismo/3/a-coruna-informacion




   E-distrito. Apúntate a un novo concepto.
   Plataforma de Información, Comercio e Lecer da cidade da Coruña.

   E-distrito

... constitúe un innovador sistema de guieiro que ofrece unha perspectiva única sobre áreas comerciais urbanas.
   Un consumidor poderá, por vez primeira, ollar o conxunto da parte do rueiro que vai a visitar, coñecer as suas características, a información sobre o transporte máis axeitado para chegar e trasladarse, as súas propostas tanto culturais como de lecer, contactar e coñecer os detalles dos comercios que atopará, as suas ofertas, ou as fotografías dos establecementos e, no seu caso, vídeos de éstes, como do propio barrio.

   Cara ao comercio

... configúrase como una ferramenta de dotación e potenciación de servizos específicos tanto para o comercio xeralista como especializado, baseada na xeración de contidos comunes, e dividida a partires de zonas de comercio.

   E-distrito colabora co comercio local e PEMES potenciando a sua imaxe corporativa, estendendo as súas áreas de influencia, amplificando a sua mensaxe comercial, e introducindo ou desenvolvendo a presenza de éstos en Internet (publicidade on-line, buscadores e redes sociais entre outras).

   A Plataforma equipara os recursos de venda e know-how das grandes corporacións de venda ao comercio de barrio, fomentando a compactación, e consolidando o sector, fronte á uniformización das grandes superficies comerciais.

En E-distrito escollemos os mellores comercios...



   Queremos ofrecer a máis ampla e completa información en todos os aspectos.

   No campo da actividade comercial facemos unha escolla de todos os comercios, de cada zona, que ofrecen puntos de interese de cara ao cidadán e que se caracterizan pola súa competitividade, trato, profesionalidade, innovación ou estética. 

   En E-distrito atópanse tres tipos de establecementos:

- Museos. Como lugares de especial interese turístico e cultural, os museos ou centros culturais figuran en maiúsculas e ocupan as primeiras prazas dos listados.

- Comercio seleccionado. O comercio seleccionado é aquel que foi escollido polas características descritas como de especial interese. E-distrito contacta con cada establecemento ou valora cada solicitude a instancia de parte. O comercio seleccionado ocupa as posicións superiores dos listados. 
  Nota: Todos os comercios da web son considerados "comercio seleccionado" agás os correspondentes á zona "Distrito Mallos".


- Comercio Asociado. En E-distrito colaboramos coas asociacións de comercio e por iso, todos aqueles comercios que pertenzan a unha asociación representativa da cidade, poden optar a aparecer na plataforma nas condicións estipuladas colectivamente para dita colaboración. As asociacións que desexen incorporarse a e-distrito.com deberán propoñelo a través das formas de contacto estipuladas na web.
  Nota: O Comercio Asociado corresponde á zona Distrito Mallos. Nela aparecen todos os afiliados á dita asociación. Aínda que non se trata de "comercio seleccionado", o "comercio asociado" colabora activamente na vida comercial dos barrios e constitúe un aval social para a cidade.




    A plataforma E-distrito engade unha páxina de comentarios individual no que os usuarios poden opinar sobre os servizos de cada establecemento na súa propia ficha. Prégase que tales comentarios expoñan o seu parecer co máximo respeto. En caso de contidos ofensivos poderían non ser publicados.

    Para garantir a máxima calidade por parte dos comercios publicados, E-distrito resérvase o dereito de non renovación ou de rescisión unilateral da presencia na plataforma do comercio do cal se reciban queixas xustificadas, implicando a finalización da relación ou a devolución pecuniaria non consumida según a circunstancia.

   O fin esencial é destacar a calidade do comercio e a confianza do consumidor.

http://www.e-distrito.com/
 
 [ Nota: Somos conscientes de que ás veces comercios pequenos e singulares aportan características moi positivas para o comprador, e outras, establecementos moi coñecidos ou destacados amosan escaso interese real; ás veces, pequenos profesionais autónomos ofrecen maior calidade que grandes empresas de servizos. En todo caso, e a través de colaboracións independentes, tentamos discernir ao máximo e ofrecer a mellor selección.]