En E-distrito escollemos os mellores comercios...



   Queremos ofrecer a máis ampla e completa información en todos os aspectos.

   No campo da actividade comercial facemos unha escolla de todos os comercios, de cada zona, que ofrecen puntos de interese de cara ao cidadán e que se caracterizan pola súa competitividade, trato, profesionalidade, innovación ou estética. 

   En E-distrito atópanse tres tipos de establecementos:

- Museos. Como lugares de especial interese turístico e cultural, os museos ou centros culturais figuran en maiúsculas e ocupan as primeiras prazas dos listados.

- Comercio seleccionado. O comercio seleccionado é aquel que foi escollido polas características descritas como de especial interese. E-distrito contacta con cada establecemento ou valora cada solicitude a instancia de parte. O comercio seleccionado ocupa as posicións superiores dos listados. 
  Nota: Todos os comercios da web son considerados "comercio seleccionado" agás os correspondentes á zona "Distrito Mallos".


- Comercio Asociado. En E-distrito colaboramos coas asociacións de comercio e por iso, todos aqueles comercios que pertenzan a unha asociación representativa da cidade, poden optar a aparecer na plataforma nas condicións estipuladas colectivamente para dita colaboración. As asociacións que desexen incorporarse a e-distrito.com deberán propoñelo a través das formas de contacto estipuladas na web.
  Nota: O Comercio Asociado corresponde á zona Distrito Mallos. Nela aparecen todos os afiliados á dita asociación. Aínda que non se trata de "comercio seleccionado", o "comercio asociado" colabora activamente na vida comercial dos barrios e constitúe un aval social para a cidade.




    A plataforma E-distrito engade unha páxina de comentarios individual no que os usuarios poden opinar sobre os servizos de cada establecemento na súa propia ficha. Prégase que tales comentarios expoñan o seu parecer co máximo respeto. En caso de contidos ofensivos poderían non ser publicados.

    Para garantir a máxima calidade por parte dos comercios publicados, E-distrito resérvase o dereito de non renovación ou de rescisión unilateral da presencia na plataforma do comercio do cal se reciban queixas xustificadas, implicando a finalización da relación ou a devolución pecuniaria non consumida según a circunstancia.

   O fin esencial é destacar a calidade do comercio e a confianza do consumidor.

http://www.e-distrito.com/
 
 [ Nota: Somos conscientes de que ás veces comercios pequenos e singulares aportan características moi positivas para o comprador, e outras, establecementos moi coñecidos ou destacados amosan escaso interese real; ás veces, pequenos profesionais autónomos ofrecen maior calidade que grandes empresas de servizos. En todo caso, e a través de colaboracións independentes, tentamos discernir ao máximo e ofrecer a mellor selección.] 

Anxo Pintos (Berrogüetto)


   Anxo Pintos, sobre E-distrito...


    "Recomendo E-distrito pola calidade dos seus contidos, pola tratamento da información, e polo beneficio que produce a cada zona da que fai un tratamento. Unha idea innovadora e un exemplo de compromiso coa nosa cultura en xeral e lingua en particular".


      [Anxo Pintos está presente na galería de fotos da guía da Coruña de www.e-distrito.com]

   http://www.e-distrito.com/

Modelos Urbanos. Sostibilidade.

 

    Modelos Urbanos. Desenvolvemento e sustentabilidade.


   E-distrito non só é un espazo para o coñecemento do comercio, a información turística, ou a consulta da axenda cultural.

   E-distrito fomenta as prácticas sustentables, o urbanismo responsable, a eficiencia nos eidos enerxético e de mobilidade, e todas aquelas prácticas que signifiquen unha integración máis harmónica do ser humano no medio ambiente, e polo tanto na súa propia natureza. É así como ofrecemos información confluínte a estes valores tanto das nosas cidades -como plataforma web www.e-distrito.com-, como dos modelos internacionais que mellor representan tales referencias; paradigmas de xestión eficiente, fomento do trasporte público, comercio  responsable, urbanismo sostido, reducción de emisións nocivas e mellora xeral da calidade de vida...

   Un paseo por Europa (London, München, Geneve, Amsterdam, Kobenhavn (Copenhague), Freiburg...):
   Modelos Urbanos.  [ Cada foto é acompañada por un texto explicativo]

   E-distrito en Facebook: Canle FB E-distrito


http://www.e-distrito.com/

Yolanda Castaño



Yolanda Castaño: "Os vosos principios, valores e intencións non poden casar máis cos meus"


   Yolanda Castaño a E-distrito:

   "A seguir, quixera felicitarvos pola magnífica iniciativa que -estou segura de que con non pouco esforzo- levades adiante. A idea e o concepto paréceme formidable.
   Oxalá que o voso proxecto siga medrando imparable e cada vez mellor. Deséxovos dende xa, de corazón, todo o ánimo, sorte e os mellores resultados.

   Parabéns polo emprego prioritario do galego e por esa decidida e valiosa aposta pola cultura que son dous puntos que vos engrandecen. Sodes de sacar o sombreiro. Os vosos principios, valores e intencións non poden casar máis cos meus, ao mesmo que a aposta polo pequeno comercio, polos produtores locais, e a materia prima galega.
".


   [Yolanda Castaño está presente na galería de fotos da guía da Coruña de www.e-distrito.com]

 http://www.e-distrito.com/


Contacto



   Contacto


   Asociacións de comerciantes e empresarios, colexios profesionais, colectivos, entidades municipais, e establecementos comerciais independentes poden solicitar os servicios de E-distrito enchendo o seguinte formulario:

http://www.e-distrito.com/contacto



   Persoal de E-distrito responderá no menor tempo posible a todas as dúbidas e peticións comerciais ou de información.

   E-distrito traballa arreo para dotar aos seus clientes dos parámetros máis esixentes no tocante a dotación de información detallada, publicidade, vendas, asesoramento e xestión. Algúns dos servicios que desenvolve son:

- Creación de Areas de Centros Comerciais Urbanos para Asociacións.
- Fichas detalladas de comercio con fotografías e vídeo.
- Roteiros e información turística. Contratación de guía exclusiva de viaxe en alemán.
- Axenda de Eventos.
- Tenda Online propia.
- Servizo "Atopa 72" de búsqueda gratuita de productos.
- Relación de Zonas Wifi.
- Relación de tendas Online disponibles do comercio de proximidade.
- Buscador de Comercio.
  ...

http://www.e-distrito.com/